
Os socialistas de Melide critican o uso partidista por parte do PP dos medios de comunicación públicos, “ofrecendo sempre unha mala imaxe do goberno municipal”
Os Socialistas de Melide critican e lamentan o uso partidista que o PP realiza dos medios de comunicación públicos nos seus actos e visitas ao concello.
Esta mesma semana, a secretaria xeral do PP, Paula Prado, “visitou Melide da man da TVG para vender o apoio do seu partido aos nosos veciños”.
“É unha deslealtade, nos últimos meses houbo varios actos do PP coa cobertura da TVG é o máis grave é que sempre trasladan unha imaxe negativa do goberno municipal”, sostén José Antonio Prado, portavoz dos socialstas de Melide.
“Hai unha clara obsesión por perxudicar a Melide e o seu goberno, o que representa unha utilización dos medios públicos que non merecen os nosos veciños e veciñas”, engade.
O PSOE de Melide levará este tema ao Parlamento de Galicia, con varias iniciativas a través do grupo socialista para demandar un cambio de postura do PP e da Xunta.