O PSOE Provincial e os socialistas de Fene agradecen “o compromiso da Deputación co noso concello” polo convenio aprobado hoxe para a adquisición dun novo inmoble municipal

A Agrupación Provincial Socialista da Coruña e o PSOE de Fene agradecen “o compromiso da Deputación da Coruña e do seu presidente, Valentín González Formoso, co noso concello” pola aprobación dun convenio para a adquisición dun novo inmoble municipal.

O convenio aprobouse hoxe no pleno provincial e suporá un investimento en Fene de 310.000 euros, dos que Deputación aportará o 80% (248.000 euros).

O Concello de Fene ten unha casa consistorial con espazo insuficiente para acoller todas as dependencias municipais. En concreto, as de Formación e Emprego, así como o xulgado de paz, presentan unhas instalacións obsoletas, o arquivo está dividido e os vehículos municipais carecen de garaxe.

“Desde o PSOE de Fene tratamos este tema en varias ocasións co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, polo que agradecemos o convenio asinado hoxe no pleno, as novas dependencias son moi necesarias”, explica Mar Piñeiro, da agrupación socialista local.

Algunhas novas relacionadas