
Enrique Astray, novo coordinador comarcal dos socialistas no Interior Coruñés
Enrique Astray Otero é o novo coordinador do PSOE na comarca do Interior Coruñés, co obxectivo de preparar o partido de cara ás próximas eleccións municipais.
A elección de Astray, concelleiro en Frades, fíxose pública nunha reunión coa presenza do secretario de Organización da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, Diego Fernández, e Antonio Leira, deputado provincial, xunto a voceiros e representantes das agrupacións locais da comarca.
“Afronto esta nova etapa con moita ilusión e responsabilidade, temos que traballar unidos para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas, a unión debe ser a nosa principal fortaleza”, asegura.
“Temos que conseguir os mellores resultados no ano 2023, e temos que mirar o espello das alcaldías de Mesía e Sobrado, concellos nos que os socialistas demostran a súa forma de gobernar”, apunta.
Enrique Astray quere agradecer o traballo da anterior coordinada comarcal, Begoña Balado.