José Luis Ruíz Laíño, novo coordinador comarcal dos socialistas no Barbanza

José Luis Ruíz Laiño é o novo coordinador do PSOE na comarca do Barbanza, co obxectivo de preparar o partido de cara ás próximas eleccións municipais.

A elección de Ruíz Laíño, concelleiro no Concello de Boiro, fíxose pública nunha reunión coa presenza do secretario de Organización da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, Diego Fernández, xunto a voceiros e representantes das agrupacións locais da comarca.

“Asumo esta nova tarefa coa ilusión de ser útil aos cidadáns, as comarcas teñen as súas propias necesidades e debemos atopar solucións”, asegurou Ruíz Laíño.

O novo coordinador comarcal quixo agradecer o traballo do seu predecesor, Miguel Paz, e engadiu que o partido xa está listo para traballar co horizonte das eleccións municipais de maio de 2023.

Algunhas novas relacionadas