Bernardo Fernández pídelle a Xunta “reflexión ante as graves deficiencias do transporte metropolitano, que recoñeza o problema e aplique solucións”

O secretario xeral da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, Bernardo Fernández, pídelle á Xunta que “reflexione sobre o que pasa desde hai dous anos co transporte metropolitano, que escoite as innumerables queixas dos usuarios e aplique medidas correctoras”.

Fernández participou nunha das concentracións celebradas en once concellos de Ferrolterra para esixir “solucións aos problemas do transporte metropolitano, que afecta a milleiros de persoas só nesta comarca”.

“A xunta négase a recoñecer o problema pero esta non é unha cuestión política; os concellos o único que facemos é recoller e dar eco ás queixas dos usuarios, que ven como desde hai dous anos o servizo empeorou”, engade.

“Co adxudicación do contrato que entrou en vigor hai dous anos, chegaron os problemas coa supresión de liñas, cambios de horarios, ou días que directamente o autobús non chega; moitas deficiencias que a conselleira négase a admitir, polo que non aplica as medidas necesarias”, afirma Fernández.

En palabras do secretario xeral dos socialistas da provincia, “o transporte metropolitano é un servizo indispensable, polo que a Xunta de Galicia debe reconducir a súa postura de forma inmediata”.

 

Algunhas novas relacionadas