Andrés Hermida, reelixido coordinador comarcal dos socialistas nas Mariñas Betanceiras

Andrés Hermida foi reelixido coordinador do PSOE na comarca das Mariñas Betanceiras, co obxectivo de preparar o partido de cara ás próximas eleccións municipais.

A reelección de Hermida, concelleiro no Concello de Betanzos, fíxose pública nunha reunión coa presenza do secretario de Organización da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, Diego Fernández, xunto a voceiros e representantes das agrupacións locais da comarca.

Andrés Hermida traballa xa co horizonte das eleccións municipais de maio de 2023, co obxectivo de “mellorar os resultados, manter as cinco alcaldías da comarca, gobernar noutros municipios e aumentar a representación socialista en todos os concellos”.

“Afrontamos os retos dos próximos catro anos con moita ilusión, estamos perparados para seguir aplicando políticas progresistas e de vangarda para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas”, engade.

Algunhas novas relacionadas