Sergio García Villar, novo coordinador comarcal dos socialistas en Bergantiños

Sergio García Villar é o novo coordinador do PSOE na comarca de Bergantiños, co obxectivo de preparar o partido de cara ás próximas eleccións municipais.

A elección de García Villar, concelleiro no Concello de Malpica, fíxose pública nunha reunión coa presenza de Aitor Bouza, membro da Executiva da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, xunto a voceiros e representantes das agrupacións locais da comarca. Os socialistas agradecen o traballo do anterior coordinador comarcal, José Antonio Viña.

Sergio García traballa xa co horizonte das eleccións municipais de maio de 2023: “Será un traballo duro pero estamos preparados, pensando sempre no beneficio dos veciños, ofrecendo ilusión, honestidade e un proxecto progresista”.

Pola súa parte, Aitor Bouza, destacou “a importancia das comarcas no partido; comezamos unha carreira de fondo de cara as municipais para conquerir uns mellores resultados, animando á cidadanía a ser partícipe deste proxecto”.

Algunhas novas relacionadas