Natividad González Laso, nova coordinadora comarcal dos socialistas en Ferrol

Natividad González Laso é a nova coordinadora do PSOE na comarca de Ferrol, co obxectivo de preparar o partido de cara ás próximas eleccións municipais.

A elección de González Laso, deputada no Congreso dos Deputados, fíxose pública nunha reunión coa presenza do secretario de Organización da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, Diego Fernández, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, xunto a voceiros e representantes das agrupacións locais da comarca.

Os socialistas agradecen o traballo da anterior coordinada comarcal, Ana Lamas, que se centrará nas súas dedicacións tanto no Concello de Ferrol como na Deputación da Coruña.

Natividad González traballa xa co horizonte das eleccións municipais de maio de 2023, co obxectivo “de revalidar as alcaldías e aumentar a representación socialista en todos os concellos”.

Algunhas novas relacionadas