O PSOE Provincial considera necesario mellorar as instalacións do CHUAC, pero demanda “un cambio” na política de persoal do Sergas “para non hipotecar a xestión do novo hospital”

O grupo de traballo de Sanidade da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, liderado por Macu Acuña, mantivo unha reunión co concelleiro de Urbanismo da capital herculina, Francisco Díaz Gallego, para analizar o proxecto de ampliación do CHUAC anunciado pola Xunta de Galicia e as necesidades de recursos humanos que padece o actual complexo hospitalario.

Os socialistas da provincia consideran necesario “ampliar e mellorar as actuais instalacións do Chuac”, pero demandan un cambio nas políticas de persoal do sergas “para non hipotecar a futura xestión do novo Chuac, que precisará incrementar a cobertura de persoal para un óptimo funcionamento do novo complexo”.

“Estase traballando aínda na formalización do novo complexo hospitalario, que consideramos positivo para a cidade e a área sanitaria, pero tamén nos gustaría coñecer que pasará co resto das instalacións sanitarias da cidade e pedirlle a Xunta que a inversión no Novo CHUAC non sexa só en obras, que tamén se incremente o persoal sanitario”, afirma Díaz Gallego.

“Que o propio arquitecto compare o proxecto coa Cidade da Cultura de Santiago é preocupante, porque o importante é darlle unha dotación adecuada ás novas instalacións, que terán unha xestión e un mantemento complicado”, advirte pola súa parte Acuña.

“Teñen que aclarar tamen aspectos como a concentración de servizos no novo edificio, co que iso pode suponer para os enfermos crónicos ou con patoloxías complicadas; os espazos que queden baleiros na cidade poden ser a solución para estos pacientes”, engade.

En palabras de Carme Acuña, “desconfiamos sobre o cumplimento dos prazos por parte da Xunta e o financiamiento deste proxecto, porque sabemos que o concello vai colaborar cunha aportacion económica importante non sendo competencia municipal; veremos se a Xunta cumpre os prazos e invierte en persoal”.

En opinión dos socialistas, “a Xunta anuncia e promociona o novo complexo, pero non fala de xestión nin tampouco explica que modelo de xestión ten para outras instalacións sanitarias da cidade e a comarca”.

Algunhas novas relacionadas