Os socialistas destacan que “o PSOE fai de novo historia coa ‘Lei Zerolo’ pola súa defensa dos dereitos de todos os colectivos e minorías”

Os socialistas destacaron hoxe en Santiago “o valor histórico da ‘Lei Zerolo’, unha lei garantista que defende os dereitos de todos os colectivos e minorías”.

A Agrupación Provincial Socialista da Coruña organizou esta mañá en Compostela unha xornada sobre a Lei de Igualdade de Trato e non discriminación. “Hai temas máis do día a día e outros que trascenden, como é o caso desta ‘Lei Zerolo’, coa que o PSOE está de novo á vangarda na defensa dos dereitos e liberdades do conxunto da sociedade”, afirmou Bernardo Fernández, secretario xeral provincial do PSOE.

“Estamos nun contexto de risco de involución moi alto con formacións políticas como VOX e o PP, non podemos baixar a garda porque os socialistas sempre enarbolamos a bandeira do compromiso cos colectivos e as minorías discriminadas”, engadiu Fernández.

Pola súa parte, Felipe Sicilia, voceiro da CEF do PSOE e deputado no Congreso, destacou a importancia de que “calquera persoa teña mecanismos para facer fronte a situacións de discriminación” e lembrou que “Galicia foi pioneira cunha lei deste tipo, impulsada polos socialistas aínda que Núñez Feijóo agochouna nun caixón”.

“Pedro Zerolo tiña unha personalidade arrolladora, convenceu dentro e fóra do partido con leis como a do matrimonio homesexual”, apuntou Sicilia, que animou a todos os militantes a cidadáns “a loitar polo compromiso social, por leis para mellorar a vida da xente e a convivencia”.

Participaron tamén na xornada Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela e presidente da CEP-A Coruña; Aitor Rodríguez Casanova, secretario de Movementos LGTBI da CEP-A Coruña; Begoña Rodríguez Rumbo, vicevoceira do GPS no Parlamento de Galicia e secretaria de Acción Electoral da CEP-A Coruña, e Javier Carballo de Jesús, secretario de Dereitos LGTB da CENG do PSdeG.

Despois interviron Carmen Fernández Morante, secretaria de Organización do PSdeG-PSOE de Santiago; Raquel Pedraja, deputada e vogal da Comisión de Igualdade no Congreso, e Arnau Ramírez Carner, deputado no Congreso e secretario LGTBI do PSC.

Algunhas novas relacionadas