A Agrupación Socialista da provincia da Coruña organiza este sábado en Santiago unha xornada sobre a ‘Lei Zerolo’

Os socialistas da provincia da Coruña organizan este sábado unha xornada sobre a ‘Lei Zerolo’. Comezará ás 11:00 horas no centro sociocultural do Ensanche de Santiago de Compostela.

Na inauguración da mesma participarán Aitor Rodríguez Casanova, secretario de Movementos LGTBI da CEP-A Coruña; Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela e presidente da CEP-A Coruña; Begoña Rodríguez Rumbo, vicevoceira do GPS no Parlamento de Galicia e secretaria de Acción Electoral da CEP-A Coruña, e Javier Carballo de Jesús, secretario de Dereitos LGTB da CENG do PSdeG.

Despois intervirán Carmen Fernández Morante, secretaria de Organización do PSdeG-PSOE de Santiago; Raquel Pedraja, deputada e vogal da Comisión de Igualdade no Congreso, e Arnau Ramírez Carner, deputado no Congreso e secretario LGTBI do PSC.

No peche estarán Bernardo Fernández, secretario xeral do PSdeG na provincia da Coruña; Paula Castiñeiras Iglesias, coordinadora provincial da Coruña das XSG e secretaria de Emprendemento da CEF das JSE, e Felipe Sicilia, voceiro da CEF do PSOE e deputado no Congreso.

Algunhas novas relacionadas