O PSOE de Fene decide abandonar o goberno municipal tras a decisión unilateral do alcalde de romper o pacto establecido

As tres concelleiras socialistas que forman parte do grupo de goberno do Concello de Fene anuncian a súa decisión de abandonar o executivo municipal.

“O alcalde rompeu onte de forma unilateral o pacto de goberno establecido, polo que consideramos que a decisión máis coherente é deixar de formar parte do executivo local”, afirma a concelleira socialista Mar Piñeiro.

A decisión de abandonar o grupo de goberno foi consensuada coa dirección provincial do partido e a agrupación socialista local, tras o anuncio de onte por parte do alcalde de retirar as competencias de Servizos a Mar Piñeiro.

O PSOE de Fene lamenta a ruptura dun goberno progresista e de esquerdas que traballaba co único obxectivo de mellorar a vida dos seus veciños e veciñas.

“Seguiremos na mesma liña, traballando desde a oposición polo Concello de Fene e os seus veciños dunha maneira responsable”, engade Piñeiro.

Algunhas novas relacionadas