Os socialistas de Coristanco lembran que “o noso grupo demandou xa hai meses a renovación da ETAP” e que “o proxecto sae agora pola situación de emerxencia declarada”

Os socialistas de Coristanco lembran que demandaron hai meses unha renovación da ETAP “a través dunha moción presentada polo PSOE para a inclusión das obras no POS”.

“De feito, a moción foi aprobada, o que reflicte que os socialistas levábamos tempo detrás desta actuación, xa que a ETAP ten máis de 30 anos e presenta moitos problemas”, asegura José Manuel Pérez Abelenda, portavoz local do PSOE.

“Agora o grupo de goberno anuncia un investimento de Augas de Galicia para a mellora da depuradora, pero non fai referencia a que chega pola situación de emerxencia declarada no municipio”, engade.

Esta situación de emerxencia pola reicindencia nas averías da ETAP provocou incluso que camións cisterna tiveran que repartir nestes días auga aos veciños e veciñas de Coristanco.

“Non é un problema de agora, os socialistas levamos tempo demandando as obras, o que pasou agora é que estamos nunha situación de emerxencia”, remata.

Algunhas novas relacionadas