Bernardo Fernández Piñeiro, elixido novo secretario xeral da Agrupación Provincial Socialista da Coruña

Bernardo Fernández Piñeiro, alcalde de Pontedeume, foi elixido hoxe novo secretario xeral da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, tras obter 1.902 votos (o 77%) nas primarias do partido, fronte aos 558 votos de Noa Díaz Varela, o 23% (resultados provisionais).

“Quero dar as grazas a todos os compañeiros e compañeiras da provincia; hoxe comeza unha nova etapa de catro anos pero tendo en conta que quedan 16 meses para as próximas eleccións municipais, que son o principal obxectivo do partido”, manifestou.

“Queremos revalidar os resultados do ano 2019 e ter máis concelleiros e concelleiras da provincia, estou convencido de que somos a mellor opción para a vida dos veciños”, engadiu.

“Este é un proceso democrático interno que nos reforza como organización e nos fai mellores, elixindo de forma democrática os nosos liderazgos co voto dos e das militantes”, rematou.

Algunhas novas relacionadas