Os deputados e senadores socialistas da Coruña destacan que o decreto de revalorización das pensións “asegura xubilacións dignas e a sostibilidade do sistema”

Os deputados socialistas da provincia da Coruña no Congreso dos Deputados, Montserrat García Chavarría, Natividad González Laso e Diego Taibo, así como os senadores Xoaquín Fernández Leiceaga e Manuel Mirás, destacan “o decreto de revalorización das pensións, aprobado polo Goberno central, para garantir xubilacións dignas á vez que un sistema economicamente sostible”

Todos eles deron esta mañá unha rolda de prensa na sede da Agrupación Provincial Socialista na Coruña, á que tamén asistiu Alejandra Pérez, vicesecretaria de Políticas Sociais da executiva provincial do PSdeG.

“Dende o goberno socialista realízase un gran labor na provincia da Coruña, para que sexa un lugar con empregos, salarios e vivendas dignas, e agora, grazas a esta nova medida, tamén con pensións dignas”, sinala o senador, Manuel Mirás.

“O acordo garante pensións dignas non só para os pensionistas actuais, senón tamén para as persoas en activo actualmente e para a mocidade”, engade o socialista.

Neste sentido, o senador Xoaquín Leiceaga destaca a necesidade dun sistema de pensións “con sostibilidade económica e financeira, pero tamén precisa sostibilidade social, xa que as pensións son dereitos para a cidadanía”

“O goberno de Rajoy esqueceuse desta parte, poñendo en risco os dereitos sociais”, indica o socialista.

A deputada Montserrat García fixo fincapé no contraste coa postura dos gobernos do Partido Popular. “Cando as pensións subían un 0,25% e as mínimas apenas 1 euros. Tamén Rajoy eliminou a paga compensatoria da subida de prezos que agora recupera Pedro Sánchez”. Neste senso, a socialista destaca a subida das pensións grazas ao goberno socialista “nun 2,5% para as contributivas e un 3% para as non contributivas”.

“Dita subida do 2,5% é o resultado do IPC medio rexistrado entre decembro de 2020 e novembro de 2021, acordada cos axentes sociais e garantindo o pacto de Toledo. Un forma de facer política distinta, co consenso social e o diálogo como punto de partida”, engade.

 

 

Ademais, a deputada socialista, Natividad González Laso, destaca a ampliación dos dereitos de pensión “que se ampliaron grazas ás políticas socialistas para as parellas de feito e para as persoas viúvas”.

“O goberno quere dar sociedade confianza á sociedade no sistema de pensións, sobre todo á mocidade, quen dubidada de ter no seu dia acceso á pensións”, engade a socialista.

Pola súa parte, o deputado Diego Taibo insistiu no esforzo do goberno para acompañar as medidas en materia de pensións cunha visión progresista noutras áreas. “Como o cambio climático ou as medidas migratorias, que afectarán sen dúbida á nosa pirámide poboacional e polo tanto ás nosas pensións”.

Algunhas novas relacionadas