Os socialistas de Melide critican que a Xunta rexeitara todos os investimentos para o concello nos orzamentos autonómicos do ano 2022

O Parlamento galego aprobou o pasado martes 21 de decembro os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2022 e no trámite parlamentario, non foron aceptadas ningunhas das tres propostas do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE en relación a Melide.
O proxecto de recondución das augas residuais do polígono empresarial á EDAR era a proposta de maior contía con 1,5 millóns de euros, e prende solucionar un problema que Melide leva arrastrando dende que se construíu e ampliou o polígono por parte da Xunta, sen ningún tipo de sistema de depuración.
José Prado afirma que “a ausencia de compromiso da Xunta para resolver a falta dun sistema de depuración no parque empresarial é total, aos atrancos administrativos hai que sumar a ausencia de investimentos”.
Tamén engade que “dende ano 2012 que se instaurou o Canon de Saneamento, os melidenses levamos pagados máis de 1 millón de euros ás arcas autonómicas, e sumando que é a Xunta a que administra os fondos europeos para inversións en saneamento, pódese concluír que Melide está esquecido en canto a inversións”.
A construción dun patio cuberto no colexio da Martagona é unha demanda longamente reclamada pola comunidade educativa, xa que a súa falta, obriga a que os alumnos teñan que pasar moitos recreos nas aulas ou nos pasillos do centro. O acondicionamento da Praia Fluvial do río Furelos, foi a terceira proposta dos socialistas, neste caso para tentar resolver definitivamente o problema polo risco da falta de calidade das augas de baño, que aínda que na tempada do 2021 foi “suficiente”, dende o ano 2017 levaba sendo “insuficiente”.
A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo, encargada de defender as propostas de José Antonio Prado, secretario xeral do PSdeG local, lamentan a falta de compromiso do Goberno galego con Melide e advirten que continuaran traballando para defender os intereses do pobo ante a administración autonómica.

Algunhas novas relacionadas