Os socialistas de Santa Comba comezan unha nova etapa centrada “en traballar para os veciños” co respaldo da dirección provincial do PSdeG

A dirección provincial do PSdeG na Coruña respalda a nova etapa iniciada pola agrupación socialista de Santa Comba.

Bernardo Fernández, portavoz do PSOE na Deputación da Coruña, e Antonio Leira, coordinador comarcal, mantiveron unha reunión cos socialistas de Santa Comba, para amosarlles o seu apoio e perfilar as liñas de traballo a curto e medio prazo.

O novo grupo municipal socialista queda composto por Carlos Turnes Romero, portavoz, e os seus compañeiros Blanca Ruzo, José María Espasandín e Jessica Antelo.

“O noso único interese é traballar para os veciños e veciñas de Santa Comba”, asegura Carlos Turnes. En xaneiro farase unha reunión coa militancia co fin de abordar a situación actual da agrupación.

“Teñen todo o noso apoio porque sabemos que tipo de persoas son e cales son os seus obxectivos: mellorar a vida dos veciños e a situación do seu concello”, engade Antonio Leira.

Algunhas novas relacionadas