Os socialistas de Melide denuncian que Dalia García abandonou a directiva do GDR UTM tras recibir unha subvención de 174.050 euros

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) aprobou definitivamente a subvención de máis de 174.000 euros para un proxecto privado do que é promotora a portavoz do PP de Melide e ex-alcaldesa, Dalia García Couso.

A Xunta Directiva do GDR UTM aprobou en xullo un proxecto promovido por Dalia García, consistente na rehabilitación de antiga casa reitoral de Santo Estevo de Vilamor-Toques, para a posta en marcha dun establecemento de hospedaxe no Camiño de Santiago, cun custo total que ronda os 373.499.24 euros.

Este investimento aprobouse, como xa denunciara o voceiro municipal do PSDG-PSOE en Melide, José Antonio Prado, nunha reunión celebrada no verán pola Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla -Tambre – Mandeo, do que Dalia García Couso era secretaria e a maioría dos membros da mesma son cargos públicos do PP: alcaldes do PP de O Pino, Touro, Vilasantar e a de Boimorto (ex-PP polo asunto da vacuna do Covid-19), así como concelleiras do PP en Santiso, Arzúa, Touro e Melide

Prado considera que “o paso de Dalia García polo GDR compromete claramente a súa credibilidade política e amosa cales son as súas prioridades”. “Dalia entra a formar parte da directiva, tras deixar a alcaldía, en representación dunha asociación veciñal e abandona a mesma tras acadar unha subvención a título persoal”, remata.

Algunhas novas relacionadas