Os socialistas de Touro esixen ao concello que empregue unha parte das achegas que recibe da Deputación na creación dun punto limpo

A Agrupación Socialista de Touro esixe ao alcalde, Ignacio Codesido, que empregue parte dos fondos do Plan Único da Deputación da Coruña destinada a obras e investimentos á creación dun Punto Limpo.

“A falta de capacidade para a xestión dos recursos que chegan das distintas administracións está levando a Touro a ser un concello de segunda”, explica a portavoz do PSOE, Gemma López.

En opinión dos socialistas, “os veciños do municipio precisan un servizo de recollida de voluminosos e un punto limpo para almacenalos, igual que os municipios limítrofes”.

“Entendemos que é unha instalación imprescindible para a boa sáude medioambiental do concello, evitando a creación de vertedoiros incontrolados e axudando aos veciños a desfacerse dos seus residuos de forma ordenada e limpa”, aseguran.

“Agora teñen o diñeiro, só falta a vontade do grupo do Partido Popular de levar a cabo a obra tan necesaria; precisamos políticas ambiciosas propias do ano no que vivimos, políticas con gañas de avanzar e non retroceder”, engade López.

Algunhas novas relacionadas