O PSdeG demanda un futuro industrial para a comarca da Mariña

O novo secretario xeral electo do PSdeG, Valentín González Formoso, encabezou hoxe na Mariña a representación socialista na folga xeral convocada polos sindicatos UXT, CC.OO e CIG. Dende alí reclamou un futuro industrial para a comarca.
O acto central desta xornada consistiu nunha manifestación que saíu do Hospital da Costa de Burela e rematou na praza do Concello. Formoso estivo acompañado pola secretaria provincial e deputada autonómica, Patricia Otero, ademais dunha ampla representación de alcaldes, concelleiros e militantes da Mariña Lucense.
Formoso dixo que “os socialistas estamos aquí en Burela, clamando por unha comarca que demanda unha garantía de traballo, laboral e industrial e que precisa dun impulso claro por parte de tódalas administracións”.
Nesa liña lembrou o traballo realizado dende avogacía do Estado no tocante a Alcoa. “Con ese novo varapalo xudicial devolve aos traballadores e traballadoras de Alcoa os seus dereitos, e conseguimos que a parte laboral estea garantida. Pero entendemos que o escenario de carga traballo para Alcoa precisa que se materialice a través dunha adquisición por parte dalgún dos compradores solventes, e a través dun proceso transparente e que garanta un futuro industrial desta Comarca”, advertiu o socialista.

Algunhas novas relacionadas