Os socialistas consideran “xustas e lexítimas” as demandas de persoal de apoio nos colexios do interior coruñés e esixen á Xunta “que atenda as necesidades das familias”

A Agrupación Provincial Socialista da Coruña considera “xustas e lexítimas” as demandas das asociacións de pais e nais de concellos como Melide, Toques e Santiso, que reclaman á Xunta a dotación do personal de apoio necesario nos centros educativos.

“Estamos de novo na situación prepandemia e as familias protestan con razón, falamos de alumnado cunhas necesidades determinadas que debe estar atendido en condicións”, afirma Estrella Jiménez, secretaria socialista de Educación na Agrupación Provincial.

Entre as demandas urxentes, os pais e os equipos directivos dos centros falan de recortes en persoal como especialistas en pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe, unhas peticións avaladas polos informes dos equipos de orientación que evaluaron aos menores.

“É un problema que xa vemos en toda a provincia, os recursos baixaron este curso e todo ten máis gravidade cando falamos de nenos e nenas que necesitan un apoio especializado”, engade Jiménez.

As agrupacións socialistas locais do interior coruñés levarán tamén este tema aos plenos municipais para aprobar mocións nas que se esixa á Xunta que reaccione e atenda ás familias.

Ademais deste problema, Estrella Jiménez lembra que “o confinamiento aínda está a ter consecuencias no alumnado, xa que as clases non presenciais agrandaron as diferencias e a consellería está a ignorar esas consecuencias entre o alumnado con dificultades tanto educativas como sociais”.

 

Algunhas novas relacionadas