Os socialistas de Touro demandan que a Xunta inclúa nos orzamentos do ano 2022 unha partida para poñer en marcha un centro de día no concello

A Agrupación Socialista de Touro solicita a posta en marcha dun centro de día no municipio para dar resposta ás necesidades dos seus veciños e veciños.

A voceira socialista, Gemma López, pedirá a través do Grupo Parlamentario do PSdeG que a Xunta de Galicia destine unha partida nos orzamentos 2022 para a redacción do proxecto.

“A construción de dito centro sería un avance moi grande en políticas sociais no municipio e debería ser unha prioridade para todos os grupos, incluído o grupo do PP, polo que agardamos que nos apoien nesta iniciativa”, explica López.

Ademais, os socialistas presentarán outra emenda para que se habilite nos orzamentos unha partida para ampliar ou reubicar o centro de saude de Touro “e, nun futuro non moi lonxano, a construción dunhas novas instalacións”.

“As instalacións actuais non cumpren cos requisitos para dar unha boa atención aos veciños e tampouco facilitan o traballo dos profesionais sanitarios, pola situación do centro e polo pouco espazo”, engade Gemma López.

Algunhas novas relacionadas