O PSOE de Malpica agradece o compromiso da Deputación da Coruña co concello polas obras de renovación da estrada DP-4307 en Beo, Leiloio e Barizo

Os socialistas de Malpica agradecen o compromiso da Deputación da Coruña e do seu presidente, Valentín González Formoso, co concello polo comezo das obras de mellora na estrada DP-4307, na zona de Beo, no cruce de Esteiro (Barizo) e tamén nos tramos da Feira Nova a Choupana e outro na Raxeira (A Tremoa).
Os traballos consisten na pavimentación con aglomerado en quente e limpeza de cunetas, o que mellorará a seguridade viaria de vehículos e peóns.
O portavoz do PSOE de Malpica, Walter Pardo, visitou a zona das obras e destacou “o papel da Deputación cos concellos pequenos, investindo en obras e incrementando outras partidas como a de servizos sociais nestes tempos tan complicados pola pandemia”.
“A actuación permite ademais dar resposta ás demandas dos veciños de zona, que alertaban dos riscos de seguridade polo estado da vía”, engade Pardo.

Algunhas novas relacionadas