A dirección provincial socialista respalda ao PSOE de Teo, inxustamente expulsado do goberno local

A dirección da Agrupación Provincial Socialista e o seu secretario xeral, Valentín González Formoso, queren mostrar o seu respaldo á portavoz do PSOE en Teo, Uxía Lemus, así como aos concelleiros Roberto Moñino, Mayte Argibay e José Manuel Elías, e os compañeiros e compañeiras da agrupación local.

Está mañá e de forma inesperada, o alcalde de Teo, Rafael Sisto, anunciou a ruptura unilateral do pacto de goberno no concello, polo que os catro concelleiros e concelleiras socialistas perderon as súas competencias.

A Agrupación Provincial Socialista amosa a súa sorpresa ante a decisión do alcalde, xa que nin sequera xustificou os seus motivos, e quere agradecer o traballo dos concelleiros socialistas e do conxunto da agrupación local do PSOE, sempre pensando no mellor para os veciños e veciñas de Teo.

Os socialistas lamentan os cálculos electorais que poden agocharse detrás da decisión do alcalde, nun momento nos que é moi necesario a unidade institucional en Teo por temas como o da canteira de Casalonga.

Algunhas novas relacionadas