Os socialistas de Malpica lamentan que a primeira decisión do PP tras “o asalto á alcaldía” sexa retirar a bandeira en defensa dos dereitos do colectivo LGTBI

Os socialistas de Malpica queren facer público o seu malestar pola decisión do PP de retirar do concello a bandeira que simboliza a defensa dos dereitos do colectivo LGTBI.

Uns días despois do “asalto o poder tras a moción de censura, o PP non ten mellor cousa que facer que retirar a bandeira, posta polo goberno de esquerdas que lideraba o PSOE en defensa das liberdades e dos dereitos LGTBI”, lamenta Walter Pardo.

Ata o pasado 31 de xullo, rexistráronse este ano en España un total de 748 delitos susceptibles de ser calificados como delitos de odio, nun elevado número de casos agresións por orientación sexual e identidade de xénero.

“As persoas temos que ter o dereito de ser e de sentir libremente, por iso hai que apoiar os colectivos que esten sendo agredidos. O meu total apoio hoxe e sempre a todas as persoas que se sintan maltratadas ou rebaixadas. Ninguén é máis que ninguén. A bandeira que nos debería cubrir a todos é a da empatía”, asevera o ex alcalde socialista de Malpica.

“Cando saímos do goberno, Malpica quedaba no 2021, pero grazas á moción agora volve a censura e a ocultación, preguntámonos cantos anos vai retroceder este concello co novo bipartito”, remata Pardo.

Algunhas novas relacionadas