Os socialistas da provincia da Coruña respaldan as demandas dos pescadores deportivos en contra da nova norma da Xunta que restrinxe a súa actividade en zonas portuarias

O secretario provincial dos socialistas coruñeses e presente da Deputación, Valentín Gonzalez Formoso, trasladou nunha reunión en Cariño o seu apoio ás demandas dos pescadores deportivos, que se opoñen á nova norma da Xunta que restrinxe a súa actividade en zonas portuarias.

Formoso destacou no encontro, no que tamén estaba o alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, que a nova lei “limita en moitas ocasións a práctica a pesca deportiva a lugares pouco accesibles ou perigosos”, e ten aspectos con pouco sentido como prohibir a pesca as fins de semana.

Ademais, o PSOE advirte de que terá un importante impacto na hostalería ou nas e tendas que viven da pesca deportiva, ao poñer trabas a unha actividade que conta con gran tradición e arraigamento na comarca.

Os socialistas piden a Portos de Galicia unha lexislación adaptada á realidade que permita compaxinar a pesca deportiva coa actividade portuaria.

A nova lexislación está a causar malestar no sector de afeccionados á pesca deportiva (máis de 200 só en Cariño) e entre os alcaldes dos municipios costeiros, polo perigo de levar os pescadores a lugares perigosos e polas consecuencias económicas.

Algunhas novas relacionadas