Os socialistas de Trazo reciben a visita do deputado provincial Antonio Leira, ao que lle trasladan varias demandas dos veciños

Os socialistas de Trazo recibiron a visita de Antonio Leira, deputado provincial, co que percorreron as diferentes actuacións do Plan de Obras e Servizos da institución provincial que se realizan a día de hoxe no concello.

A portavoz do PSOE local, Beatriz Domínguez, aproveitou a visita para trasladarlle a Antonio Leira varias demandas dos socialistas á Deputación, algunhas delas peticións históricas dos veciños e veciñas.

“Agradecemos moito a visita e a receptividade ás nosas propostas; as obras da Deputación da Coruña nun concello como Trazo son fundamentais para a reactivación económica e a mellora dos servizos e infraestruturas”, explicou Domínguez.

A curto prazo, haberá novas reunións entre os socialistas de Trazo e a Deputación para avanzar nos proxectos falados nesta visita, demandas todas elas feitas para mellorar a vida dos veciños e veciñas.

 

Algunhas novas relacionadas