A deputada socialista Montserrat García visita Melide para recoller as demandas do concello nas que ten competencias o goberno

A deputada socialista no Congreso Montserrat García, xunto a Begoña Rodríguez, deputada no Parlamento de Galicia, visitaron Melide para coñecer as demandas do concello naqueles proxectos e infraestruturas nas que ten competencias o goberno central.

Na reunión estiveron o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e o tenente de alcalde, o socialista José Antonio Prado, e un dos temas dos que se falou foi da necesidade de axilizar as melloras na seguridade viaria da estrada nacional E-547, moi transitada por vehículos e peóns xa que ademais conflúe co Camiño de Santiago.

En concreto, falouse dun proxecto de melloras para a E-547 que o concello tratou hai uns meses coa Subdelegación do Goberno e a Demarcación de Estradas, que está xa redactado e avanzado.

Por outra parte, falouse tamén das necesidades de chan industrial que ten o Concello e doutros temas que preocupan aos veciños e veciñas de Melide.

“Continuamos con esta rolda de reunións e contactos cos concellos de Galicia, é importante a colaboración entre administracións e teñen o meu compromiso de que levarei as cuestións tratadas a Madrid, ante o Ministerio de Transportes e o Sepes”, explica Montserrat García.

Por súa parte, José Antonio Prado agradece “a receptividade ás nosas demandas e o clima de cordialidade da reunión, moi necesaria polos temas de interese para Melide nos que teñen competencias o goberno e a Xunta”.

 

Algunhas novas relacionadas