Muxía inviste 160.441 euros do Plan Único na mellora do alumeado, sinalización e accesibilidade do santuario da Virxe da Barca

A Deputación da Coruña e o Concello de Muxía colaborarán para mellorar o entorno dun dos emprazamentos máis emblemáticos da Costa da Morte, o santuario da Virxe da Barca.

Cun investimento de 160.441 euros, financiados integramente a través do Plan Único, acometeranse unhas obras que mellorarán o alumeado, a sinalización e a accesibilidade do santuario e do seu entorno, nunha “aposta por mellorar aínda máis un espazo tan emblemático, unha referencia da Costa da Morte desde o punto de vista histórico, patrimonial e turístico”, segundo sinalou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que visitou a zona acompañado do alcalde Iago Toba e dos membros do goberno municipal para coñecer os detalles do proxecto, que está en fase de adxudicación.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, agradeceu o apoio económico da Deputación para facer posible este proxecto, que axudará a mellorar “o mellor escaparate de Muxía”, dotando de paneis e postes informativos aos puntos máis emblemáticos do entorno (mirador do Corpiño, fonte da Pel, Sala do Perello…) “que permitirán aos visitantes coñecer de maneira moi intuitiva a importancia histórica e patrimonial deste enclave e a súa vinculación co Camiño de Santiago”.

Toba explicou tamén que se renovará por completo o alumeado exterior tanto do santuario coma dos camiños de acceso, con novas luminarias que irán encastradas no chan ou nos muros de pedra do camiño e que será”acordecoa contorna, realzando o seu valor monumental e a seguridade dos visitantes e veciños que visitan a zona ao solpor ou pola noite.”

As obras incluirán ademais melloras na accesibilidade e na seguridade vialno entorno e un estudo para frear o deterioro da fonte da Pel, que data da época medieval e ten unha gran importancia histórica debido a que se trataba dun lugar de baño dos peregrinos antes de entrar no santuario.

Durante a visita á zona, o presidente e o alcalde conversaron tamén con algúns dos traballadores e traballadorascontratadas a través do programaPEL-Concellos da Deputación, que estes días realizan labores de roza, limpeza e mellora dos camiños no entorno do santuario.

Reforzo dos servizos sociais co Plan Único

Antes de visitar o santuario da Virxe da Barca, Valentín González Formoso e Iago Toba, acompañados tamén pola deputada responsable da área de Benestar Social da Deputación, Ana Lamas, reuníronse na Casa do Concelloco equipo de traballadoras e traballadores da área social do municipio, que foi reforzado coa contratación de dúas novas auxiliares administrativas e unha traballadora social grazas ao Fondo Social de 14 millóns de euros que este ano incorpora o Plan Único e que para Muxía supón unha achega de 157.000 euros. A Deputación cofinancia tamén con outros 61.600 € o Servizo de Axuda no Fogar de Muxía.

Valentín González Formoso interesouse polo seu traballo e afirmou que a área social “é unha das apostas estratéxicas da Deputación e do Concello de Muxía”. O presidente destacou que este fondo social, creado para axudar aos concellos a asumir o incremento do gasto social derivado da Covid-19, “axuda a crear emprego e a mellorar a atención a aqueles colectivos máis vulnerables”.

Pola súa banda, o rexedor muxián destacou o “importante apoio” que a Deputación presta aos concellos para manter a atención social e servizos coma o de Axuda no Fogar, “que seguen sendo fu

Algunhas novas relacionadas