A Agrupación Provincial Socialista da Coruña organiza unha xornada sobre ‘O reto demográfico e as políticas públicas’

A Agrupación Provincial Socialista da Coruña organiza mañá luns, día 21 de xuño, unha xornada telemática sobre ‘O reto demográfico e as políticas públicas’.

O PSOE Provincial considera que “un dos retos máis importantes que temos como país e como partido é o demográfico, sobre todo nunha sociedade como a galega con cuestións como a dispersión e o despoboamento”.

Valentín González Formoso, secretario xeral do PSOE Provincial da Coruña, e Obdulia Taboadela, secretaria provincial de Estudos e Programas, abrirán a xornada falando de ‘A emerxencia do despoboamento na axenda pública’.

Despois, José Miñones, delegado do Goberno en Galicia e relator do Documento Marco do 40 Congreso Federal do PSOE, tratará o tema de ‘Municipalismo e Medio Rural no Socialismo do Século XXI’.

Antidio Fagúndez, portavoz da Comisión de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico do Goberno, pechará a xornada cunha ponencia sobre ‘O reto demográfico e os fondos de reestruturación na axenda do Goberno. Unha oportunidade para os concellos?’.

“É fundamental que canto antes nos marquemos obxectivos e nos poñamos a traballar nunha axenda política que dé a volta e converta este problema en oportunidade de futuro, especialmente no rural”, engaden os socialistas.

A xornada pode seguirse no seguinte enlace:

https://meet.google.com/vmj-nobk-duq

 

Algunhas novas relacionadas