O PSOE de San Sadurniño denuncia que “os erros de xestión e a ausencia de diálogo do BNG” suporán ao concello un gasto de 400.000 euros por dúas sentenzas xudiciais

O pleno municipal de Valdoviño tratará na súa sesión de hoxe unha proposta de modificativo de crédito por parte do grupo de goberno para hacer fronte a dúas sentenzas xudiciais firmes contra o concello.

“Falamos de 400.000 euros que sairán dos veciños e veciñas, e nun dos casos aínda queda por xulgar unha parte que poden ser outros 250.000 euros, un gasto moi importante e todo elo pola ausencia de diálogo e os erros na xestión municipal por parte do BNG”, apunta Lois Anxo Rodríguez, portavoz dos socialistas de San Sadurniño.

En concreto, unha das sentenzas fai referencia á decisión do concello de aplicar unha sanción por falta moi grave con suspensión de emprego e soldo por unha incompatibilidade a un funcionario municipal.

“Non houbo aviso previo ao traballador nin oral nin por escrito, foise á brava sen buscar unha solución conciliada e dialogada e non se negociou co resto da corporación en ningún momento a aplicación desta sanción, que desde o principio semellaba desmesurada”, explica Rodríguez. A sentenza obriga ao concello a indemnizar ao traballador con 117.240,20 euros.

A segunda sentenza refírese a un convenio polo cal o concello facíase con terreos dunha cooperativa e a cambio comprometíase a ter unha consideración especial co resto de terreos da cooperativa na modificación do PXOM nun prazo de 5 anos.

“Transcurridos os cinco anos non había PXOM e a cooperativa pídelle ao concello unha solución para o convenio, pero ante a falta de negociación por parte do concello a cooperativa recurre aos tribunais”, afirma o portavoz do PSOE.

Agora hai sentenza firme e a valoración da parte rústica provoca que o concello deba pagar á cooperativa 282.828,60 euros. Os socialistas lembran que aínda falta a valoración xudicial do incumprimento na parte urbanza, que rondará os 250.000 euros.

“Estes 400.000 euros que pagarán os veciños pola falta de diálogo de Secundino García Casal son un duro golpe económico para un municipio cun orzamento de 2,9 millóns de euros”, engade Rodríguez.

Algunhas novas relacionadas