Juan Manuel Rodríguez, alcalde de Cerceda: «Hai unha débeda histórica con Cerceda polos millóns perdidos co Plan Miner» (Entrevista en La Voz de Galicia)

Entrevista ao alcalde de Cerceda en La Voz de Galicia 26/05/2021

Texto: Toni Longueira // Foto: Ana García 

O socialista Juan Manuel Rodríguez García (Cerceda, 1990) é alcalde cercedense dende o 12 de febreiro de 2020: colleu o bastón de mando apenas un mes antes de que o Goberno decretara o estado de alarma e confinamento por culpa da pandemia. O rexedor cualificou este primeiro ano do que é o seu mandato -o ecuador computando o ano que estivera con anterioridade José García Liñares- de forma «moi positiva».

-Como valora a relación institucional cos representantes da oposición?

-Correcta. Son dos que digo que hai que separar o persoal do político. E teño unha cousa clara: os meus rivais políticos non son os meus inimigos. Ante todo, o máis importe, é o respecto.

-Que destacaría do seu mandato?

-Habida conta da situación xerada polo covid, este goberno foi capaz de manter o seu nivel de investimentos en obras e o mantemento de todas as infraestruturas. Falamos de que nun ano acometemos e licitamos tres millóns de euros en actuacións. Atendemos unha poboación máis empobrecida pola pandemia, estivemos máis preto dos nosos veciños e reforzamos os departamentos de Servizos Sociais. E todo iso, cun peche da central térmica que, entre outras cousas, supuxo unha perda de postos de traballo e de ingresos municipais, xusto no momento que máis recursos facían falla para atender todas as incidencias derivadas do covid.

-Este mandato virá marcado pola capacidade das Administracións de compensar a Cerceda polo peche da central térmica.

-As Administracións teñen unha débeda histórica con Cerceda pola perda de moitos millóns de euros co Plan Miner. -Uns 16 millóns, segundo o seu predecesor no cargo, José García Liñares.-Incluso máis, pero, en definitiva, son moitos millóns de euros comprometidos no seu día que se perderon, e agora hai que compensar a Cerceda por todo isto.

Entrevista completa en La Voz de Galicia:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cerceda/2021/05/26/span-langglhai-unha-debeda-historica-cerceda-polos-millons-perdidos-co-plan-miner-span/0003_202105C26C2991.htm

Algunhas novas relacionadas