O PSOE de Laracha agradece o compromiso da Deputación da Coruña co concello polas obras de mellora na DP-0514, que une o municipio con Arteixo

Os socialistas de Laracha agradecen o compromiso da Deputación da Coruña e do seu presidente, Valentín González Formoso, co concello polo comezo das obras de mellora da seguridade da estrada DP-0513, que conecta o municipio con Arteixo.

A portavoz do PSOE da Laracha, Paloma Rodríguez Castiñeira, visitou a zona das obras con González Formoso e destacou “o papel da Deputación cos concellos pequenos, investindo en obras e incrementando outras partidas como a de servizos sociais nestes tempos tan complicados pola pandemia”.

As obras, cun investimento de 202.000 euros, permitirán mellorar a seguridade nunha vía que conta cun elevado tráfico de vehículos pesados debido á súa proximidade a unha canteira.

Os traballos, que durarán tres meses, consistirán na renovación do firme deteriorado, así como a limpeza e desbroce de arcéns e cunetas, a renovación da sinalización horizontal e o reforzo da vertical, con sinais de limitación de velocidade, paso estreito e intersección con prioridade.

“A actuación permite ademais dar resposta ás demandas dos veciños de zona, que alertaban nos riscos de seguridade polo estado da vía”, engade Paloma Rodríguez.

Algunhas novas relacionadas