A deputada socialista Montserrat García visita Ortigueira, Cerdido e Cariño para recoller as demandas dos concellos nas que ten competencias o goberno

A deputada socialista no Congreso Montserrat García, xunto a Begoña Rodríguez, deputada no Parlamento de Galicia, visitaron Ortigueira, Cerdido e Cariño para coñecer as demandas dos concellos naqueles proxectos e infraestruturas nas que ten competencias o goberno central.

En Ortigueira, o alcalde, Juan Penabad, demandoulle a Montserrat García “realizar xestións coa Demarcación de Costas para solicitar a reversión dos terreos de A Preguiza, que suporían sobre todo un gran avance para a asociación Aspromor, ao poder ter a titularidade dos mesmos”, explica a deputada.

No encontro, falouse tamén de posibles investimentos na zona litoral para a súa recuperación e mellora, así como do despliegue de fibra no porto de Espasante e de complementar a rede que falta do núcleo urbano e do polígono. O plan PEBA do Ministerio de Industria continuará o ano 2022, polo que está aberto o prazo ata o 29 de maio para a Consulta Pública sobre a Identificación das “Zonas Blancas NGA” e “Zonas Grises NGA” para o próximo ano.

“Aproveitei para felicitar ao alcalde pola súa boa xestión económica, o que permitiu a saída do concello do Plan de axuste financiero ao que estaba sometido por parte do goberno; agora xa pode optar a axudas importantes como as do IDAE, por exemplo, ás que antes non podía acceder por estar nesa situación financeira”, engade García.

En Cerdido, falouse co alcalde Benigno Galego da importante subvención para eficiencia enerxética que lle concedeu precisamente o IDAE, por importe de 484.000 euros, da necesidade do concello de chan para asentamento industrial, da continuidade de despliegue de fibra e da cobertura por satélite naquelas zonas de imposible despliegue da fibra.

Por último, Monterrat García e Begoña Rodríguez estiveron tamén co alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, para falar da problemática dos terreos e inmobles de titularidade de Portos de Galicia que Forman parte da zona urbana e nos que o concello asume a súa conservación, pero aínda así ten que pagar a puertos polo seu uso.

No encontro con Alonso fíxose tamén mención á necesidade de complementar o desenvolvemento do plan de banda ancha (PEBA) nas zonas que faltan do municipio.

Algunhas novas relacionadas