A deputada socialista Montserrat García e a concelleira das Pontes Elena López estudan posibilidades de desenvolvemento turístico para o Eume co secretario de Estado de Turismo

A deputada socialista Montserrat García e a concelleira de Turismo e Comercio das Pontes, Elena López, mantiveron unha reunión de traballo co secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, para analizar diferentes posibilidades de desenvolvemento turístico na comarca do Eume.

García e López cualificaron de “cordial e fructífera” a reunión, na que se puxeron enriba da mesa diferentes accións e iniciativas para unha comarca con múltiples atractivos, como as Fragas do Eume, o lago das Pontes o Mosteiro de Caaveiro, o de Monfero ou o Torreón dos Andrade, entre outros.

“Os atractivos de toda a comarca son moitos e todos eles de moito interés cultural e natural, e os proxectos turísticos vinculados á natureza serán un dos piares da recuperación post Covid, polo que temos que estar preparados e co traballo feito”, engade Montserrat García, que agradece “a receptividade e o interese amosado polo secretario de Estado de Turismo”.

A curto prazo, tendo en conta ademais os fondos europeos Next Generation, será fundamental concretar as posibilidades de desenvolvemento de comarcas como o Eume en sectores como o turism

Algunhas novas relacionadas