Os socialistas de Touro manteñen unha reunión coa Deputación da Coruña para coñecer as subvencións ás que poden acceder as entidades locais

A Agrupación Socialista de Touro organizou unha reunión informativa co deputado provincial Antonio Leira para coñecer de primeira man as subvencións vixentes da Deputación da Coruña.

A reunión ía destinada a explicar as subvencións nos eidos de emprego, benestar social, deportes, cultura ou Anpas, asi como a outras convocatorias como as do programa PEL-Reactiva.

Na xuntanza deuse resposta ás dúbidas dos socialistas de Touro, que lle trasladarán a información ás diferentes asociacións e entidades con actividade no Concello.

“Trátase dunha iniciativa moi útil para facilitar a consecución deste tipo de subvencións, tan relevantes para o traballo diario de colectivos e asociacións, e temos que agradecer ademais o compromiso da Deputación con Touro, xa que de cada dez euros de investimento no noso municipio, sete proceden do ente provincial”, asegura Gemma López, portavoz local do PSOE.

Pola súa parte, Antonio Leira lembrou tamén “o importante gasto social que este ano inclúe o Plan Único, que permitirá aos concellos como Touro facer fronte e mellorar o Servizo de Axuda no Fogar”. O Concello de Touro recibirá 76.000 euros desta partida.

Algunhas novas relacionadas