O Grupo Municipal do PSdeG de Frades reuníuse coa deputada autonómica Begoña Rodríguez Rumbo para denunciar que a Xunta de Galicia pretende eliminar a prestación de servizo médico na parroquia de Abellá

Begoña Rodríguez Rumbo acusou ao goberno de Núñez Feijóo de esquecer ao Concello de Frades e desprezar o noso rural.

A responsable de Política Municipal do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reuníuse cos representantes do PSOE no Concello de Frades, Enrique Astray, José Luis Pereira e Aurelio Garea, para denunciar a intención do goberno de Alberto Núñez Feijóo de pechar o servizo médico na parroquia de Abellá, o segundo núcleo de poboación do concello de Frades, un concello rural con 2.302 habitantes dos que o 32% teñen máis de 65 anos.

Polo que os representantes municipais do PsdeG manifestaron o seu malestar co trato recibido por este concello por parte do goberno galego, que nos últimos anos non ten invertido nin un só euro e pretende desmantelar os poucos servizos públicos de competencia autonómica cos que conta, contando co silencio cómplice do goberno municipal de Frades.

Saúdos, Comunicación do PSOE de Frades

 

Algunhas novas relacionadas