O PSOE Provincial da Coruña apoia as mobilizacións de hoxe en toda Galicia “para recuperar o sistema sanitario público”

A debilidade da Atención Primaria tras os gobernos do PP incrementouse coa pandemia
Os socialistas esixen recuperar a normalidade nos centros de saúde e a atención presencial
Esta tarde, haberá concentracións organizadas pola plataforma SOS Sanidade Pública

A Agrupación Provincial Socialista da Coruña mostra o seu apoio ás manifestacións e concentracións organizadas pola plataforma SOS Sanidade Pública, este mércores 21 de abril ás 20:00 en todas as áreas e localidades galegas.

As agrupacións locais socialistas participarán nos distintos encontros en defensa do sistema de sanidade público galego.

“A pandemia chegou a unha Atención Primaria debilitada polos gobernos do Partido Popular, sen suficientes recursos humáns, organizativos e materiais; esta falta de recursos na Atención Primaria, esencial no tratamento da Covid-19, limitou as súa capacidade para asumir os retos da pandemia e poder continuar atendendo outras pataloxías”, afirma Jesús Pedreira, secretario de Sanidade do PSOE Provincial, que estará na concentración de Santiago.

Os socialistas recordan ademais que estas eivas “implicaron a suspensión de consultas, intervencións quirúrxicas e probas diagnósticas, afectando directamente á saúde da poboación e xerando malestar entre o persoal sanitario galego, insuficiente en número e sufrindo a precariedade e inestabilidade”

A complicada situación da Sanidade Pública, responsabilidade do Sergas e da consellería de Sanidade, provoca que a poboación recorra á sanidade privada, aumentando a desigualdade.

Por iso, Pedreira esixe “recuperar axiña a atención presencial e a actividade normal dos centros de saúde”. A esta situación, os socialistas engaden o aproveitamento da Xunta de Galicia “para modificar a Lei Galega de Saúde, recortando os dereitos da cidadanía”.

 Saúdos,

PSOE Provincial A Coruña

Algunhas novas relacionadas