Os Socialistas do Pino e Touro agradecen o compromiso da Deputación, que “cumpre a súa promesa” de reformar a estrada provincial DP-6602 coa licitación das obras

A actuación ten un orzamento de 238.231,59 euros
É unha das principais vías de conexión entre os concellos de Touro e O Pino

Os socialista de O Pino e Touro agradecen “o compromiso e a seriedade” da Deputación da Coruña, que hoxe anunciou a licitación das obras de mellora da estrada de titularidade provincial DP-6602, unha das principais vías de conexión entre os concellos de Touro e O Pino, asi como de Touro coa N-547 e Autovía A54.

O proxecto de reforma do tramo, que une Fonte Díaz con Santa Irene, da resposta a unha demanda dos socialistas de ambos concellos, polo que os portavoces do PSOE en O Pino, Óscar Vilar, e Touro, Gemma López, destacan que o goberno liderado por Valentín González Formoso “cumpre coa súa palabra”.

A actuación na estrada, cun orzamento de 238.231,59 euros, incluirá un reforzo no firme (capa de rodadura) desde o punto quilométrico 0.400 ata o 2.699. O tramo conta cunha senda peonil e as obras servirán para mellorar a seguridade viaria de vehículos e peóns, beneficiando a numerosos veciños e veciñas.

En concreto, na parroquia do Pino que limita con Touro, Cebreiro, hai veciños que van con moita asiduidade a Touro e incluso os nenos e nenas de Cebreiro teñen como centro de referencia o colexio público de Touro, polo que a reforma da estrada mellorará a súa vida diaria.

Saúdos, Comunicación PSdeG O Pino e Touro

 

Algunhas novas relacionadas