A Agrupación Provincial Socialista da Coruña respalda á familia de Ordes que pide conservar a prestación que lle permite coidar ao seu fillo con miopatía

A Agrupación Provincial Socialista respalda e apoia a demanda dunha familia de Ordes que pide conservar a prestación que lle permite coidar ao seu fillo Lucas, enfermo con miopatía.

O caso xa está no Congreso dos Deputados grazas á deputada socialista galega Ana Prieto e alí estudarán a demanda da familia, respaldada tamén pola Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM).

A familia de Lucas recibe unha prestación xa que, debido á súa miopatía, necesita coidados de forma permanente e atopase nunha hospitalización domiciliaria constante.

O problema é que a prestación, denominada Coidado de Menores Afectados por Cancro ou outra Enfermidade Grave (CUME), remata cando Lucas cumpre 18 anos.

“É unha situación moi inxusta, en moitos casos como o de Lucas cumprir 18 anos non significa levar unha vida autónoma”, explica Jesús Pedreira, secretario de Sanidade dos socialistas da provincia.

A familia agradece o apoio do PSOE Provincial e reclama que se modifique con urxencia o Real Decreto que regula o CUME, para que sexa un Comité Médico o que dictamine se a persoa afectada necesita atención permanente cando cumpre 18 anos.

“Estamos convencidos de que hai milleiros de persoas en España na mesma situación, polo que o PSOE Provincial espera que o Congreso aprobe un cambio regulativo, temos que apoiar e respaldar ás familias”, engade Pedreira.

Saúdos, Comunicación PSOE Provincial

Algunhas novas relacionadas