Os socialistas da Comarca de Bergantiños critican a “irresponsabilidade do PP” de Ponteceso, que deixa aos seus veciños e veciñas sen 785.000 euros do plan único da Deputación

Os socialistas da comarca de Bergantiños critican a “postura irresponsable do Partido Popular de Ponteceso”, que co seu voto en contra dos proxectos do Plan Único 2021 da Deputación da Coruña “o único que fai é perxudicar aos veciños e veciñas do concello”.

Despois de catro comisións e tres plenos municipais, o último na mañá de hoxe, Ponteceso queda definitivamente sen o Plan Único, que suporía un investimento no concello de 785.000 euros (con posibilidade de aumentar ata os 1,2millóns).

“É unha situación que paraliza Ponteceso e a reactivación da súa economía, polo que os únicos perxudicados son os veciños”, asegura José Antonio Viña, coordinador dos socialistas da comarca.

O PSOE lamenta o enredo do PP, ao que incluso se lle ofreceu a posibilidade de presentar un proxecto alternativo de obras e actuacións para incluír no Plan Único, pero en ningún caso chegou a realizalo.

Saúdos, Comunicación PSOE Comarca de Bergantiños

 

Algunhas novas relacionadas