Os Socialistas de Monfero destacan a partida social e as obras para mellorar a seguridade viaria nas parroquias do Concello incluídas no Plan Único 2021

Os socialistas de Monfero destacan que este ano o concello contará con 1.268.470 euros para obras de mellora das infraestruturas municipais e para gasto social grazas ao Plan Único da Deputación da Coruña.

“Nestes tempos tan complicados que vivimos, os investimentos da Deputación son de vital importancia nun concello como Monfero, reactivando a economía local e reforzando as políticas sociais”, destaca Andrés Feal, alcalde de Monfero.

O Plan Único inclúe por primeira vez este ano un fondo social, que permitirá no caso de Monfero destinar 182.839,83 euros a reforzar o persoal técnico de servizos sociais e a ampliar as axudas para aquelas persoas que se atopen nunha situación de vulnerabilidade, exclusión social ou vítimas de violencia de xénero.

Haberá tamén axudas para asegurar a cobertura das necesidades básicas como vivenda, alimentación ou gastos médicos, axudas ao estudo, servizo de axuda no fogar, para medidas de conciliación e para adquisición de EPIs para profesionais e persoas dependentes usuarias de servizos sociais.

Á marxe desta partida social, o pleno de Monfero aprobou, cos votos a favor do PSOE, PP E BNG destinar 308.435,18 euros a gasto corrente e 361.159,57 euros á pavimentación de estradas e camiños municipais nas parroquias de Santa Xiá, O Val de Xestoso, Queixeiro e O Alto de Xestoso (Bouza-Vilar-Sevil, Eive, Canedo a Rubeiras, Vite a Castiñeiros e ampliación do camiño nos lugares de A Torre-Sanmartiños-Miraces-Sixto-Leireta).

Haberá tamén 104.409,31 euros para a reparación da cuberta do polideportivo municipal do Xestal, e 149.447,98 euros para a mellora de estradas e camiños municipais en aglomerado asfáltico na parroquia de San Fiz (Rebordelo a Casalbito de Abaixo, Casalbito de Abaixo a Pumar, Casalbito de Arriba a Francés e Casalbito de Arriba a Rego do Eixo).

Por último, destinaranse 162.178,03 euros para a mellora de camiños nas parroquias de San Fiz e Vilachá (Xestal, Xestal-Graña e o Loureiro), Queixeiro e o Val de Xestoso (Primoi-Cruz da Serra e Dureixa).

Saúdos, PSOE de Monfero

 

Algunhas novas relacionadas